Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE003156
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Parada Justel, Ramón (Lugar de nacimiento: Esgos (l), 1871 - Lugar de defunción: Ourense (l), 13/05/1902)
Título O Ocaso
Materia/Soporte Lenzo
Técnica Óleo
Dimensiones Marco: Altura = 130 cm; Anchura = 170 cm
Sen marco: Altura = 111 cm; Anchura = 150,50 cm
Descripción Representa a un personaxe real, unha anciá mendiga situada na porta sur da Catedral ourensá, como expoñente e alegoría do ocaso da vida. A figura engurruñada e mirrada da muller, de mirada torva, cara afiada e mans osudas, entumecidas polo frío, é claro reflexo de fame, vellez, soidade e, en definitiva, miseria e desamparo.
O bastón e o cántaro caídos, únicos e fieis acompañantes que tamén acusan o paso dos anos, contribúen a acentuar o efecto dramático da escena xunto a un acertado tratamento técnico e unha sobria paleta, con predominio de grises e azuis, conscientemente utilizada polo artista como trasmisora de sentimentos. Nesa penumbra xorde un pequeno e intenso foco de luz que resalta o branco pano que lle cobre a cabeza e ilumina o rostro e as mans como elementos máis expresivos da intencionalidade do cadro.
Firmas/Marcas/Etiquetas Sen asinar
Datación 1900[ca]
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea [Pintura Galega. Xeración Doente]
Uso/función Decorativo
Historia del Objeto EXPOSICIÓNS:
1960. I Mostra Antolóxica da Pintura Galega. Organizada polo Círculo das Artes de Lugo. Ourense, Salón de Actos da Antiga Casa Sindical.
1979. Exposición Inaugural Ramón Parada Justel (1871-1902). Ourense, Sala de Exposicións da Delegación Provincial de Cultura.
1992. Parada Justel. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
1999. A mirada compracida e a mirada inqueda. Museo de Belas Artes de A Coruña.
Clasificación Razonada A obra, encadrable dentro da pintura de realismo social característica da época, forma parella coa titulada A Aurora, xunto á que constrúe unha composición argumentable como o inicio e a fin da vida. Seguramente foi concebida para presentar á Exposición Nacional de 1901, pois tanto o tema como a súa considerable dimensión e o tratamento formal encaixan perfectamente entre as obras de exposición.
Trátase dunha realización da etapa final da producción de Parada Justel na que incorpora avances de concepto e unha clara tendencia cara unha maior valoración dos efectos lumínicos, dentro da corrente xeral que se impuña na pintura española de cambio de século.
Bibliografía FARIÑA BUSTO, F. Exposición Inaugural Ramón Parada Justel (1871-1902). Ourense (l): Ministerio de Cultura, Delegación Provincial de Ourense, 1979.

FERNÁNDEZ FUERTES, T. Temática social. En: VV.AA.. A mirada compracida e a mirada inqueda: a pintura finisecular entre a tradición e a modernidade. Coruña (A) (l): 1999. p. 150; Museo de Belas Artes de A Coruña.

FERRO COUSELO, J. Crónica del Museo. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Ourense (l): 1950-1951, VI. p. 131.

LORENZO RUMBAO, B. Parada Justel. En: VV.AA.. Artistas Galegos. Pintores. Novecentos. Vigo (m): Nova Galicia Edicións, 1998. p. 357, lám. 267 (p. 278).

LORENZO RUMBAO, B. Parada Justel. Xunta de Galicia, 1991. pp. 49 (il.), 62, cat. 83; Catálogo de Exposición.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 26/04/1951
Catalogación Lorenzo Rumbao, Belén
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6